Iria Taibo Ebook Galego

Iria Taibo

Servizos de tradución

Son licenciada en Traducción e Interpretación pola Universidade de Vigo, coa especialidade de inglés e portugués. Axudo a clientes empresariais, axencias e editoras como tradutora, intérprete e revisora de inglés e portugués a castelán e galego.

Servizos Destacados

Imaxe PC transparente

Tradución

Traduzo de inglés e portugués a castelán a galego (e entre estas dúas linguas).

Imaxe Altofalantes transparentes

Interpretación

Interpretación consecutiva en reunións e visitas de empresa e formación.

Imaxe Tablet transparente

Revisión

Tanto de textos traducidos como doutros escritos en castelán ou galego.

Imaxe Conversa Transparente

Formación de idiomas

Formación de galego, inglés e portugués, sobre todo no ámbito empresarial ou especializado.

Que din os meus clientes

Iria Taibo foto primeiro plano

Sobre min

A persoa que está detras da web

Estudei Tradución e Interpretación na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, coa combinación lingüística de galego/inglés/portugués. Pasei un ano na Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, cunha bolsa Sócrates-Erasmus.

Dedícome a tempo completo á miña profesión como traballadora autónoma desde outubro de 2013, e desde entón tiven a sorte de poder traballar con varias axencias de tradución, editoras e outros clientes directos en interesantes proxectos.

Principalmente, traballo como tradutora mais tamén en proxectos de documentación empresarial, interpretación e revisión.