Servizos
TRADUCIÓN
Traduzo de inglés e portugués a castelán e galego (e entre estas dúas linguas). Os meus principais ámbitos de especialización son o turismo, a gastronomía-enoloxía e algúns tipos de textos técnicos, mais tamén traballo habitualmente con textos empresariais de diferentes modalidades (memorias económicas, formación interna, etc.) e xurídicos (contratos, seguros), e podo xestionar proxectos con outras combinacións lingüísticas, coa axuda de outros compañeiros e compañeiras de profesión con quen colaboro habitualmente.
INTERPRETACIÓN
Interpretación consecutiva en reunións e visitas de empresa e formación. Neste ámbito, teño especial experiencia no sector dos ensaios non destrutivos.
REVISIÓN
Tanto de textos traducidos como doutros escritos en castelán ou galego. Calquera texto que vaia ser publicado ou enviado pode precisar dunha última revisión lingüística e gramatical, acordando en cada cada caso o tipo máis axeitado.
FORMACIÓN DE IDIOMAS
Formación de galego, inglés e portugués, sobre todo no ámbito empresarial ou especializado. Teño deseñado e impartido cursos de inglés para o ámbito do viño, de portugués para a banca ou de galego para xornalistas, por exemplo.